Ata o 15 de abril: consulta do Censo electoral para as eleccións municipais e europeas do 26M

0

As listas do Censo Electoral de San Sadurniño para as eleccións Municipais e Europeas poderán consultarse nas oficinas municipais, previa identificación da persoa interesada co DNI, o pasaporte ou o permiso de conducir no que apareza a fotografía da persoa titular.

O prazo e os horarios de consulta son os seguintes:
do 8 ao 15 de abril, ambos incluídos, de luns a venres entre as 08.30 e as 14.30h.

A exposición do Censo Electoral ten por obxectivo facilitar a corrección de erros de todo tipo que poidan figurar nese listado, como por exemplo os datos de filiación (nome e apelidos, dni), os datos de enderezo ou os dos niveis de estudos. Por este motivo é importante que fagan a consulta aquelas persoas que fixeron recentemente os 18 anos de idade e aquelas que cambiasen de domicilio dentro do concello neste ano.

De detectar algún erro ou imprecisión, as persoas interesadas poderán presentar a correspondente alegación até o día 16 de abril ás 12.00h. As reclamacións presentadas fóra do prazo de consulta non terán efecto para este proceso electoral e resolveranse posteriormente. Cómpre ter en conta que, aínda que recentemente se fixese unha exposición pública para as Xerais, a lei obriga a abrir un novo prazo de exposición para os comicios do 26M.

Share.