Ata o 12 de novembro: Preinscrición no Curso de Socorrismo da Deputación da Coruña

0

A Deputación provincial vén convocar un curso de socorrismo, no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local, para persoas menores de 30 anos. Trátase dunha acción incluída dentro do Itinerario de Actividade Física e Deportiva, que inclúe a acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:

AFDP0211 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de xullo)

A formación teórico-práctica realizarase na Coruña e a data de inicio está prevista para a última quincena de novembro. A duración total é de 680 horas lectivas, e máis 100 horas de orientación laboral.

Este curso está dirixido a persoas menores de 30 anos que estean desempregadas. Tamén deberán estar  inscritas na Oficina de Emprego e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove. Será obrigatorio, ademais, que estean empadroadas nalgún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Concello. O prazo para botar a instancia e achegar a documentación remata luns 12 de novembro. Para ampliar información e mesmo para cubrir os papeis pode concertarse cita previa co técnico de Desenvolvemento local a través do 981 490 027.

Máis información:
Documentación completa sobre o procedemento
Anexos coas follas de solicitude

logosPeEixo

Share.