Ata o 12 de agosto: exposición pública do padrón do lixo

0

Publicada no Boletín Oficial da Provincia a aprobación e a apertura do período de exposición pública do padrón fiscal correspondente á recollida do lixo no exercicio 2019. As persoas interesadas teñen 15 días hábiles -contados desde a data de publicación no BOP- para consultaren no Concello os seus datos e, de ser o caso, formular as alegacións que estimen oportunas ou mesmo presentar recurso de reposición contra das propias liquidacións.

No padrón figuran un total de 1.651 recibos por un importe global de 88.540,37€. A recadación da taxa faraa a Deputación Provincial da Coruña, a quen o Concello lle ten delegado o cobro deste e doutros servizos.

Anuncio publicado no BOP do 19 de xullo de 2019

Share.