Ata o 11 de xuño: solicitude das axudas do Plan de Emprego da Deputación

0

A Deputación da Coruña ten aberto até o 11 de xuño ás 14.00h. o prazo de presentación de solicitudes para as axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2020), dirixidas a pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas.  As distintas liñas convocadas son as seguintes:

  • PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas de ata 17.500€ (sen IVE) para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información). Importante: a esta liña só poderán acollerse persoas autónomas e empresas que leven como máximo 5 anos desenvolvendo de forma ininterrompida a actividade para a que soliciten a axuda.
  • PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN do cadro de persoal: Axudas de ata o 70% dos custes de soldos e salarios e Seguridade Social para subvencionar o primeiro ano de contratación dunha nova persoa traballadora. Neste caso non hai límite sobre o tempo en que a empresa/autónoma leve desenvolvendo a actividade.
  • PEL PEMES MANTEMENTO do cadro de persoal: Axudas de ata o 50% dos custes de soldos e salarios e Seguridade Social para subvencionar ao mantemento da persoa traballadora subvencionada ao abeiro de PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN 2019.Neste caso non hai límite sobre o tempo en que a empresa/autónoma leve desenvolvendo a actividade.

As bases das axudas PEL 2020 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 29 do 12 de febreiro de 2020.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña.

Na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes (FAQ) referido ás bases.

Share.