Ata o 1 de febreiro: presentación de solicitudes para o curso de aplicacións web do proxecto EIXO

0

A Deputación provincial abre un novo prazo de inscrición de persoas candidatas a este itinerario do proxecto EIXO no que se encadra a formación acreditada de nivel 3 baixo o título IFCD0210 DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB.

Trátase dun curso de 510 horas de formación teórica e 80 horas prácticas non laborais en empresas co que se pretende facilitar competencias para o desenvolvemento de compoñentes de software que constitúan aplicacións informáticas útiles de xestión, difusión, comercio e comunicación.  O curso impartirase en Arteixo e contará cunha axuda de 2,6€ brutos por hora lectiva e día asistido.

O prazo de envío de solicitudes está aberto ata o próximo venres día 1 de febreiro e deberá tramitarse no Concello.  Posteriormente será a Deputación da Coruña quen faga a selección do alumnado. Os requisitos para poder participar son os seguintes:

  1. Mozas e mozos  maiores de 16 anos e menores de 30 desempregadas/os da provincia da Coruña empadroados en concellos de menos de 50.000 habitantes, incluídas as persoas con discapacidade,
  2. Ademais non han de estar ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación
  3. Inscritas na Oficina de Emprego correspondente
  4. Rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove
  5. En posesión de alomenos unha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:
    • Calquera outro certificado de profesionalidade de nivel 3
    • Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia (Informática e Comunicacións) e área profesional (Desenvolvemento)
    • Bacharelato
    • Ciclo formativo de Grado Superior, técnico superior
    • Cumprir requisitos académicos de acceso  ou ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grado superior
    • Ter un ciclo formativo de Grado Medio, técnico
    • Técnico especialista (FP2)
    • Ter superada a proba da acceso á universidade para maiores de 25 anos
    • Dispor doutros estudos declarados equivalentes a efectos académicos con algún dos anteriores ou superiores a estes
    • Competencias clave de nivel 3

Para tramitar as solicitudes é necesario contactar co Técnico de Desenvolvemento local no 981 490 027.

 

Share.