Anuncio do proceso de elección de Xuíz/a de Paz sustituto/a

0

De conformidade co establecido no art. 101 da Lei Orgánica do Poder Xudicial faise pública a convocatoria para que aquelas persoas interesadas que reúnan os requisitos legais, presenten solicitude ó obxecto de proceder polo Pleno do Concello á elección de xuíz/a de paz sustituto/a, deste Concello.

Requisitos das persoas aspirantes: Poderán obter o nomeamento como Xuíz/a de Paz aquelas persoas que, ainda non sendo licenciadas en Dereito, reúnan os requisitos establecidos na Lei Orgánica do Poder Xudicial para o ingreso na carreira xudicial e non estean incursas en ninguha das causas de incapacidade e incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, excepto o exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

Solicitudes e prazo de presentación: As persoas interesadas en participar na convocatoria poderán presentar instancia, dirixida ó Sr. Alcalde do Concello, facendo constar os méritos que aleguen.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días, contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP. (o 24 de maio)

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 8.30 a 14.30 horas .

Documentación: As persoas solicitantes deberán acompañar fotocopia autenticada do DNI ou pasaporte, e xustificación documental dos méritos alegados.

Share.