Ampliación da apertura da piscina municipal ata o domingo 18

0

Ante as previsións de bo tempo e dado que as obras de acondicionamento do contorno de Currás non van comezar ata dentro de dúas semanas, o Concello e a empresa SEDEGA acordaron ampliar a temporada da piscina municipal ata o domingo 18 de setembro.

Ata daquela a piscina manterá o mesmo horario para baños libres, entre as 15.00 e as 21.00h.

Share.