Actualización de ordenanzas fiscais segundo o IPC

0

Con data do 1 de marzo de 2018 entraron en vigor os importes actualizados correspondentes a taxas e tarifas por distintos servizos que presta o Concello, de acordo coa variación interanual do Índice de Prezos ao Consumo que publica o Instituto Nacional de Estatística. Estes importes e a modificación dos artigos en cada ordenanza publicáronse no BOP do 1/03/2018.

Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T-1, Reguladora da taxa pola prestación do servizo do subministro domiciliario de auga

Artigo 5º.– Bases de imposición e tipos de gravame

a. As bases de imposición e tipos de gravame son os contidos nas seguintes tarifas:

Conceptos Importe (euros)
Cota fixa cada tres meses para usos domésticos 9,10 €
Cota fixa cada tres meses para usos comerciais ou industriais 15,17 €
Consumo entre 0 e 30 m³ cada tres meses 0,16 €/m³
Consumo entre 31 e 50 m³ cada tres meses 0,33 €/m³
Consumo de máis de 51 m³ cada tres meses 0,67 €/m³
Dereitos de acometida á rede 136,49 €
Cota trimestral polo mantemento dos contadores 1,01 €

 

b. No referido aos dereitos de acometida, o importe indicado comprenderá a instalación polo Concello da chave de paso, do colar e ata 15 metros de tubaxe. O resto das instalacións e obras necesarias serán por conta da persoa usuaria do servizo, e serán previamente revisadas polos servizos municipais.

c. No referente aos contadores, as persoas usuarias poderán decidir se estes son da súa propiedade, e se encargan da súa compra, colocación e mantemento, ou son propiedade do Concello. Só neste último caso os suxeitos pasivos terán que aboar a cota polo mantemento dos contadores.

d. As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) interanual.


Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T-2, Reguladora da taxa do servizo de recollida e tratamento das augas residuais

Artigo 5º.– Cota tributaria

1. A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de cento trinta e seis euros e corenta e nove céntimos (136,49 €), que se reducirá a setenta euros e setenta céntimos (70,70 €) para as acometidas que deban utilizar sistemas de bombeo para o vertido á rede municipal.

2. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos de vertido na rede de sumidoiros consistirá nunha cantidade fixa que se determinará segundo o uso ao que se destine a edificación á que se preste o servizo, segundo a seguinte tarifa:

1. Vivendas (usos domésticos):

o 10,11 €/ano para as acometidas que non precisen bombeo para o vertido á rede municipal

o 5,06 €/ano para as acometidas que deban utilizar sistemas de bombeo para o vertido á rede municipal

2. Usos comerciais ou industriais: 15,17 €/ano

3. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servizos de depuración das augas residuais consistirá nunha cantidade fixa que se determinará segundo o uso ao que se destine a edificación á que se preste o servizo, segundo a seguinte tarifa:

1. Vivendas (usos domésticos):

o 10,11 €/ano para as acometidas que non precisen bombeo para o vertido á rede municipal

o 5,06 €/ano para as acometidas que deban utilizar sistemas de bombeo para o vertido á rede municipal

2. Usos comerciais ou industriais: 15,17 €/ano

3. Descarga de residuos particulares de pozos negros na EDAR: 5,06 €/m3

4. As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) interanual.


Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T-3, Reguladora da taxa por recollida de lixo

Artigo 5.- Cota tributaria

1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles e do número de recollidas semanais que se realicen na zona na que se encontren, segundo a seguinte tarifa:

Concepto Importe (euros)
APARTADO 1: VIVENDAS
Zona 1 (dúas recollidas semanais) 68,21 €
Zona 2 (unha recollida semanal) 45,47 €
Zona 3 (vivendas situadas a máis de 1.000 metros do punto de recollida máis próximo 22,74 €
APARTADO 2: ESTABLECEMENTOS INDUSTRIAIS E COMERCIAIS
A) Actividades de carácter industrial
Zona 1 (dúas recollidas semanais) 204,63 €
Zona 2 (unha recollida semanal) 136,43 €
B) Restaurantes, casas de comidas, supermercados, tendas de alimentación e similares
Zona 1 (dúas recollidas semanais) 170,54 €
Zona 2 ( unha recollida semanal) 125,05 €
C) Cafeterías, tabernas e as restantes actividades comerciais e mercantís
Zona 1 (dúas recollidas semanais 130,75 €
Zona 2 (unha recollida semanal) 90,94 €

 

2.- As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ó consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T-4, Reguladora da taxa por expedición de documentos

Artigo 5.– Cota tributaria

a) A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, sinalada en función da natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa seguinte tarifa:

Concepto Tarifa
Epígrafe 1: Censos e padróns de poboación
1. Altas e outras alteracións no Padrón municipal de habitantes 3,14 €
2. Certificacións de empadroamento:
Do padrón vixente 2,09 €
De padróns ou censos anteriores, ata 10 anos de antigüidade 4,19 €
De padróns ou censos anteriores, de máis de 10 anos de antigüidade 6,28 €
3. Informes e certificacións de residencia, convivencia, dedicación profesional, conduta e similares, así como todos os informes non incluídos noutros epígrafes 3,14 €
Epígrafe 2: Certificacións, compulsas e cotexos
1. Compulsa ou cotexo de copias (por cada folla) 2,09 €
2. Por certificación dos acordos adoptados polos órganos de goberno 10,47 €
3. Por certificacións feitas pola Secretaría-Intervención 5,24 €
4. Por certificación de informes feitos por persoal técnico municipal que non sexan dos servizos urbanísticos 5,24 €
5. Por certificación de informacións testificais feitas na Alcaldía 5,24 €
6. Polo bastanteo de poderes que poidan surtir efecto nas tramitacións municipais 15,71 €
7. Por calquera outra certificación non incluída nos apartados anteriores 3,14 €
Epígrafe 3: Documentos relativos ao funcionamento do PIC e outros servizos catastrais
1. Consultas catastrais (copia de plano en A4) 2,09 €
2. Consultas catastrais (copia de plano en A3) 3,14 €
3. Certificados catastrais 6,28 €
4. Por expedición de copias do catastro histórico 10,47 €
5. Modificacións de titularidade catastral 10,47 €
Epígrafe 4: Tramitación de contratos administrativos
1. Para todos os contratos que se formalicen con independencia do orzamento de execución material 157,05 €
2. Cota variable dun 1% do orzamento de execución material no caso de contratos superiores aos 30.000,00 € 1% orzamento
3. Certificacións de boa execución de obras no Concello de San Sadurniño 20,94 €
4. Constitución, substitución ou devolución de fianzas para licitacións de obras municipais, por cada acto 31,41 €
5. Certificacións e actas de recepcións de obras 52,35 €
6. Copias dos pregos de contratación 20,94 €
Epígrafe 5: Dereitos de exame
1. Prazas do Grupo A1/A2/B ou asimiladas 26,18 €
2. Prazas do Grupo C1 ou asimiladas 15,71 €
3. Prazas do Grupo C2 ou asimiladas 10,47 €
Epígrafe 6: Outros expedientes ou documentos
1. Presentación de instancias xenéricas non recollidas en ningún dos conceptos anteriores 1,05 €
2. Por fotocopias de documentos alleos a tramitacións municipais
Fotocopia tamaño A4 B/N 0,10 €
Fotocopia tamaño A4 en cor 0,26 €
Fotocopia tamaño A3 B/N 0,21 €
Fotocopia tamaño A3 en cor 0,52 €
3. Calquera outro documento ou actuación municipal non incluída en ningún dos epígrafes anteriores 3,14 €

 

b) As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ó consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 6 da Ordenanza fiscal Nº T-5, Reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos

Artigo 6.º.–Cota tributaria

1.- A cota aplicable será a seguinte, para o feito impoñible previsto na epígrafe 1 do artigo 2.º:

Licenzas de tramitación ordinaria:

– Para establecementos cuxa superficie non exceda de 50 m2: 172,86 €

– Por cada m2 que exceda de 50: 1,14 €

Licenzas de tramitación especial, para actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas:

– Para establecementos cuxa superficie non exceda de 50 m2: 345,71 €

– Por cada m2 que exceda de 50: 2,31 €

2.- As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T-6, Reguladora da taxa por ocupación do subsolo, solo e voo de terreos de uso público local

Artigo 5.º.- Bases de imposición e tipos de gravame

1.- As bases de imposición e tipos de gravame son os comprendidos nas seguintes tarifas:

Tarifa primeira: Palomillas, transformadores, caixas de amarre, distribución e rexistro, cables, rieles, tuberías e outros análogos:

· Palomillas para suxeitar cables, cada unha, 0,20 €

· Caixas de amarre, distribución e rexistro, cada unha, 6,82 €

· Cables de alimentación ou conducción de enerxía eléctrica, por metro lineal ou fracción: 0,03 €.

· Condución telefónica aérea, adosada ou non a fachadas, por cada metro lineal ou fracción: 0,03 €.

· Ocupación de vía pública con tuberías para a conducción de auga, por cada metro lineal ou fracción: 0,07 €

Tarifa segunda: postes:

· Postes de calquera material, cada un: 3,41 €; a Alcaldía poderá conceder bonificacións de ata o 50% do importe desta tarifa cando os postes instalados por particulares con outros fins sexan ó mesmo tempo utilizados pos algún servicio municipal.

Tarifa terceira: Básculas, aparellos ou máquinas automáticas:

· Por cada báscula: 34,11 €

· Cabinas fotográficas, por cada metro ou fracción: 6,82 €

· Aparellos ou máquinas de venda ou expedición automática de calquera producto ou servicio, non especificado noutros epígrafes: 34,11 €

Tarifa cuarta: Aparellos surtidores de combustibles e análogos:

· Ocupación da vía pública ou terreos municipais con aparellos surtidores de combustibles, por cada metro cadrado ou fracción: 0,68 €

· Ocupación do subsolo das vías públicas con depósitos de combustibles, por cada metro cúbico ou fracción: 1,36 €

2.- As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ó consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.

3.- Maila o anterior, para as empresas explotadoras de servicios de subministros que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, a contía de taxa regulada nesta Ordenanza consistirá, en todo caso e sen excepción algunha, no 1,5 por 100 dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente neste termo municipal ditas Empresas.

A contía da taxa que poidera corresponder a “Telefónica S.A.” está englobada na comprensación en metálico a que se refiere o apartado 1 do artigo 4º da Lei 15/1987, de 30 de xullo.


Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T-7, Reguladora da taxa por licenzas de autotaxis e demais vehículos de aluguer

Artigo 5.º.–Cota tributaria

1.- A cota tributaria será unha cantidade fixa, con arranxo á seguinte tarifa:

1.– Concesión e expedición de licenzas: 99,29 €

2.– Autorización para a transmisión de licenzas:

a) Transmisión “inter vivos”: 103,72 €

b) Transmisión “mortis causa”: 69,13 €

3.– Substitución de vehículos: 34,57 €

2.- As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T- 8, Reguladora da taxa pola prestación de servizos culturais e deportivos e utilización de instalacións (corrección publicada o 23/03/2018)

Artigo 5º.- Bases de imposición e tipos de gravame

1.- As tarifas en canto á asistencia a espectáculos e á utilización de instalacións culturais e deportivas son os comprendidos nas seguintes tarifas:

A) Casa da Cultura

Conceptos

Importe (euros)

Asistencia a eventos cun cachet de menos de 500€

3,14 €

Asistencia a eventos cun cachet de 501 a 1000€

5,24 €

Asistencia a eventos cun cachet de 1001 a 3000€

8,37 €

Asistencia a eventos cun cachet de máis de 3000€

10,47 €

Bono 3 actuacións para ano natural independentemente do cachet

12,57 €

B) Polideportivo Municipal (tarifas por hora ou fracción)

Conceptos

Importe (euros)

Utilización para usos deportivos por entidades deportivas rexistradas no Concello de San Sadurniño

1,04 €

Utilización para usos deportivos por veciños/as do Concello

6,28 €

Utilización para usos deportivos por entidades ou grupos de fora do Concello

15,71 €

Utilización para competicións non organizadas polo Concello de San Sadurniño

20,94 €

Espectáculos ou actos non deportivos (ata 5 horas de duración

99,39 €

C) Piscina Municipal

Conceptos

Importe (euros)

Entrada individual diaria de persoas adultas

3,30 €

Entrada individual diaria de persoas menores de 14 anos

1,66 €

Abono de tempada para persoas adultas empadroadas (maiores de 18 anos)

29,23 €

Abono de tempada para persoas adultas non empadroadas (maiores de 18 anos)

37,58 €

Abono de tempada familiar (ata 4 membros dos cales o 50% ou máis estean empadroados no Concello)

52,20 €

Abono de tempada familiar (ata 4 membros dos cales menos dos 50% estean empadroados no Concello)

62,64 €

No Abono de tempada familiar, por cada persoa a partires da 5.ª (independente do empadroamento)

5,22 €

Abono mensual para cursos de natación para nenos e nenas empadroados (ata 14 anos)

12,53 €

Abono mensual para cursos de natación para nenos e nenas non empadroados (ata 14 anos)

15,66 €

Abono mensual para cursos de natación para persoas maiores de 14 anos empadroadas no Concello

20,88 €

Abono mensual para cursos de natación para persoas maiores de 14 anos non empadroadas no Concello

26,10 €

D) Ximnasio Municipal

Conceptos

Importe (euros)

Entrada diaria

3,31 €

Abono mensual para empadroados

16,57 €

Abono mensual para non empadroados

27,61 €

Entrada entidades con 10 ou menos usuarios/as

11,05 €

Entrada entidades con máis de 10 usuarios/as

16,57 €

E) Utilización do Campo de Fútbol dos Currás

Concepto

Importe (€)/hora

Utilización do Campo de Fútbol dos Currás, para as entidades e persoas usuarias en xeral. Están exentas desta tarifa as entidades locais inscritas no Rexistro municipal de asociacións cuxo obxecto social sexa a promoción do fútbol.

Non se regulan franxas horarias intermedias, polo que a superación da hora de duración no uso da instalación supón o pagamento das dúas horas de uso, e así sucesivamente.

A dita cota satisfarase, consonte indique a Recadación municipal, con anterioridade á utilización do recinto deportivo, polo que será preciso presentar unha solicitude no modelo habilitado ao efecto.

31,32 €

F) SERVIZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS

Feito impoñible

Matrícula

Cota trimestral (€)

Escolas culturais e deportivas municipais, para maiores de 18 e menores de 65 anos, por cada trimestre ou fracción de duración

15,71 €

30,24 €

Escolas Culturais e Deportivas Municipais, para menores de 18 e maiores de 65 anos, así como titulares de carné xove, estudantes, pensionistas e familias numerosas

15,05 €

20,17 €

2.–As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 6 da Ordenanza fiscal Nº T-9, reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local por entradas de vehículos a través das beirarrúas e reserva das vías públicas para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga.

Artigo 6º.-Cota

1.- Utilizarase o sitema de cota aplicable á base liquidable, exisíndose a taxa conforme á seguinte escala:

ESCALA DA BASE LIQUIDABLE COTA BASE ANUAL COTA ANUAL POR CADA METRO QUE EXCEDA DE 3 METROS
Ata 3 metros lineais 34,10 € 11,36 €

 

2.- A aplicación da escala de base liquidable efectuarase, sen excepcións e para todos os casos, en unidades de metros lineais, redondeándose a unidade superior no caso de que as solicitudes de autorizacións, que constitúen o feito impoñible definido no artigo 3º da presente ordenanza, conteñan fraccións inferiores á unidade de metro lineal.

3.- As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 6 da Ordenanza fiscal Nº T-10, Reguladora da taxa sobre a publicidade

Artigo 6.–Tarifas

As cotas esixibles por esta taxa serán as seguintes:

1.– Para rótulos publicitarios a instalar no pavillón polideportivo municipal a que resulte de aplicar a cantidade de 113,70 € por metro cadrado/ano, que será a cota mínima da presente taxa, a cal aumentarase na proporción na que o citado cartel ou rótulo exceda do metro cadrado.

2.– Para rótulos publicitarios a instalar noutros lugares a que resulte de aplicar a cantidade de 40,93 € por metro cadrado/ano, que será a cota mínima da presente taxa, a cal aumentarase na proporción na que o citado cartel ou rótulo exceda do metro cadrado.

Aos efectos deste tributo, reputará publicidade exterior a realizada mediante rótulos ou carteis situados nas fachadas, cerramentos, postes, farolas, ou columnas dos centros urbanos ou no campo, dentro do termo municipal.

3.–As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ó consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 4 da Ordenanza fiscal Nº T-11, Reguladora da taxa polos polos servicios asociados á celebración de matrimonios

Artigo 4.º.–Cota tributaria

1.- A cota pola prestación do servizo sinalada no artigo 2 da presente ordenanza ascende:

a) Si algún dos contraentes está empadroado no Concello de San Sadurniño: 115,24 €

b) Noutro caso: 207,42 €

2.- As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 6 da Ordenanza fiscal Nº T-13, Reguladora da taxa pola tramitación de expedientes urbanísticos

Artigo 6º.- Cota tributaria

1. As taxas pola tramitación de cada un dos expedientes son as seguintes:

a. Para as licenzas de obras, tanto maiores coma menores, e para as comunicacións previas preceptivas segundo os artigos 194 e seguintes da Lei 9/2002, que non estean expresamente recollidas noutro apartado desta ordenanza será aplicable o 0,50% do P.E.M., establecéndose un mínimo de 12,53 € por cada expediente que se tramite

b. Expediente de declaración de ruína de edificios: 62,64 €

c. Consultas previas, informes, certificados ou cédulas urbanísticas:

· Certificacións urbanísticas: 20,88 €

· Informes xurídicos: 20,88 €

· Informes técnicos: 20,88 €

· Certificados de antigüidade da vivenda: 20,88 €

d. Licenzas e autorizacións para a segregación, parcelación, regularización de parcelas ou división de parcelas, por cada parcela resultante: 18,79 €

e. Licenzas ou comunicacións previas para movementos de terras: 62,64 €

f. Licenzas ou comunicacións previas para a instalación de carteis publicitarios: 20,88 € para superficies inferiores a 1 m2 e 41,76 € para os que superen esa medida

g. Licenzas de primeira ocupación: 62,64 € en vivendas unifamiliares

h. Por concesión de prórrogas dos prazos iniciais: 12,53 €

i. Sinalización de aliñación e rasantes: 20,88 €

2. Cando o que se solicite sexa unha revisión dun expediente en tramitación por cambios substanciais no obxecto inicial pretendido, e provoque a repetición de trámites xa realizados, a taxa será a mesma que a que corresponde a un novo.

3. Estas taxas incrementaranse anualmente segundo o dato IPC aprobado oficialmente.


Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T-15, Reguladora da taxa pola prestación dos servizos da escola infantil municipal

Artigo 5.º.–Cota tributaria

A) Os servizos e conceptos polos que se establecen as diferentes cotas tributarias son os seguintes:

a) Matrícula: págase unha única vez no curso, e cobre os gastos vinculados ás tarefas administrativas e algúns gastos fixos da Escola

b) Mensualidade a xornada completa: abrangue os servizos de atención por 8 horas diarias, en cálculo mensual

c) Mensualidade a media xornada: abrangue os servizos de atención por 4 horas diarias, en cálculo mensual

d) Xornada de 2 horas de tarde: abrangue os servizos de atención por 2 horas diarias, en horario de tarde e cálculo mensual

e) Hora complementaria: abrangue os servizos de atención por 1 hora diaria a maiores da modalidade de xornada escollida, en cálculo mensual

f) Hora extraordinaria: abrangue os servizos de atención por 1 hora, de forma excepcional, a maiores da modalidade de xornada escollida, en cálculo diario

g) Servizo de comedor para o almorzo: abrangue a distribución e o servizo de alimentos durante a hora do almorzo, en cálculo mensual

h) Servizo de comedor para o xantar: abrangue a distribución e o servizo de alimentos durante a hora do xantar, en cálculo mensual

i) Servizo de comedor para a merenda: abrangue a distribución e o servizo de alimentos durante a hora da merenda, en cálculo mensual

j) Servizo de comedor en día solto: abrangue a distribución e o servizo de alimentos, de forma excepcional, durante cada unha das comidas, en cálculo individual para cada comida

B) As taxas pola prestación dos devanditos servizos da Escola infantil municipal son as seguintes:

TARIFAS: Concepto Cota
Matrícula (anual) 20,88 €
Mensualidade a xornada completa (8 horas) 203,58 €
Mensualidade a media xornada (4 horas) 122,15 €
Xornada de 2 horas de tarde 73,08 €
Hora complementaria (prezo mensual) 20,88 €
Hora extraordinaria (prezo diario) 3,65 €
Comedor mensual: Almorzo 26,10 €
Comedor mensual: Xantar 81,43 €
Comedor mensual: Merenda 26,10 €
Servizo de comedor en día solto 4,18 €

 

C) No caso de que se produza unha nova incorporación á Escola con posterioridade ao día 15 do mes, as taxas correspondentes ao dito mes reduciranse nun 50 por cento.

D) As taxas incluídas nesta ordenanza serán revisables anualmente de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal Nº T-16, Reguladora da taxa polo uso dos servizos e instalacións do Centro Municipal de Empresas de San Sadurniño

Artigo 9º.- Bases de imposición e tipos de gravame

1. As taxas polo uso dos servizos e instalacións do CME serán as seguintes:

a) Utilización privativa de oficinas: 6,10 €/m2/mes (73,29 €/m2/ano)

b) Utilización da domiciliación da empresa ou entidade: 20,94 €/ano

c) Utilización da sala de reunións para eventos, por parte de entidades ou empresas que non fagan parte do CME: 5,24 €/hora

2. Estas tarifas actualizaranse anualmente co Índice de prezos ao consumo oficial


Actualización do artigo 22 da Ordenanza fiscal Nº P-3, Reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de San Sadurniño

Artigo 22º.- Custo do servizo de SAF básico

O custo do servizo básico de SAF queda fixado nun prezo da hora de prestación do servizo de 12,36 €, revisable anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.


Outros prezos públicos: Carreira popular de San Sadurniño e Feira da Plantación

Xunto cos prezos públicos aprobados e as súas correspondentes actualizacións segundo o IPC, no Boletín Oficial da Provincia do 23 de marzo de 2018 tamén se publicaron os prezos de participación nos seguintes eventos:

  • Feira da Plantación de San Sadurniño: 3€ de cota xeral e 5€ para viveiros e expositores de maquinaria
  • 5ª Carreira popular de San Sadurniño do 27/05/2018: 3€

Share.