Actualización das listas do SAF 2020

0

O Concello mantén aberta durante todo o ano a posibilidade de presentar instancias para entrar formar parte das listas de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Porén, as solicitudes de nova incorporación e as de revisión dos méritos de quen xa forma parte da lista revísanse e actualízanse nos meses de febreiro, xuño e outubro.

Quen queira formar parte das listas de contratación do SAF ou quen estando xa nelas queira que se lle recoñeza experiencia laboral ou formación, ten que presentar a correspondente solicitude antes do día 5 dos meses de outubro, febreiro e xuño. Nas seguintes ligazóns publícanse os documentos xerados en cada unha das quendas de actualización.

Quenda de actualización do mes de febreiro de 2020
Listaxe definitiva de admisións e data da reunión do tribunal

Quenda de actualización do mes de outubro de 2020
Listaxe provisional de aspirantes (5 días de exposición pública)
Listaxe definitiva e data de reunión do tribunal (proba selectiva convocada para as 13.30h. do 18/11/2020)
Acta da comisión seleccionadora coa asignación de puntuacións (18/11/2020)
Bolsa actualizada da quenda de outubro

Share.