Actualización das listas do SAF 2018

0

O Concello mantén aberta durante todo o ano a posibilidade de presentar instancias para entrar formar parte das listas de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Porén, as solicitudes de nova incorporación e as de revisión dos méritos de quen xa forma parte da lista revísanse e actualízanse nos meses de febreiro, xuño e outubro.

Quen queira formar parte das listas de contratación do SAF ou quen estando xa nelas queira que se lle recoñeza experiencia laboral ou formación, ten que presentar a correspondente solicitude antes do día 5 dos meses de outubro, febreiro e xuño. Nas seguintes ligazóns publícanse os documentos xerados en cada unha das quendas de actualización.

Quenda de actualización do mes de febreiro:
Solicitudes admitidas provisionalmente na quenda de febreiro (resolución do 08/02/2018)
Lista actualizada a mes de febreiro de 2018 (resolución do 19/02/2018)
Lista actualizada febreiro de 2018 (Corrección de erros – resolución do 27/02/2018)

Quenda de actualización do mes de xuño
Solicitudes admitidas provisionalmente na quenda de xuño (resolución do 10/09/2018)
Lista definitiva de aspirantes para entrar formar parte da lista e convocatoria do proceso selectivo (resolución do 18/09/2018)
Lista actualizada correspondente ao mes de xuño (resolución do 20/09/2018 co listado provisional)
Lista definitiva correspondente ao mes de xuño (resolución do 28/09/2018)
Bases polas que se rexe a actualización da bolsa de emprego do SAF

Share.