Aberto o prazo de preinscrición nas escolas municipais

0

O Concello  volve ofrecer unha chea de actividades relacionadas coa cultura e o deporte que se desenvolverán ata xuño do ano que vén. As escolas deportivas de voleibol e fútbol están iniciando temporada xestionadas polo Aldebarán e polo CF San Sadurniño.  Porén, para o resto das propostas -case todas culturais- acaba de abrirse o prazo de preinscrición. Só hai que chamar ao teléfono do Concello: 981 490 027 extensión 1 e para o desenvolvemento de cada actividade será necesario xuntar grupos cun mínimo de 8 persoas. Está previsto que todas elas arranquen na primeira semana de outubro, momento no que tamén se poderá formalizar a matrícula. Ademais das escolas que leva o Concello directamente, en San Sadurniño tamén se poden practicar ioga e pilates e, ademais, o Club Brío ten aberto o periodo de inscricións en danza, ximnasia e hip-hop para a temporada que entra. 

De ioga, pilates e da oferta de Brío falamos un pouco máis abaixo, agora imos centrarnos nas escolas municipais. Un ano máis a programación de actividades, no caso do exercicio físico, abrangue o fútbol, o volei e a ximnasia. Para as dúas primeiras cómpre contactar co CF San Sadurniño -618.527.359 ou 669.638.282- e co Aldebarán -636.728.186 ou 696.085.847- xa que son estes dous clubes quen as levan como xeito de ir creando canteira para os seus equipos masculinos e femininos.

A ximnasia vai dirixida a persoas maiores e volverá impartirse semanalmente nos locais sociais das parroquias e no ximnasio do CPI. As escolas culturais -gaita, pandeireta e música coral- tamén están descentralizadas, de maneira que as disciplinas relacionadas coa música tradicional se imparten en Naraío mentres que o solfexo e o canto se reparten entre Lamas e a Casa da Cultura de San Sadurniño.

Como é habitual, o Concello abre quince días antes do comezo das escolas un período de preinscrición co obxectivo de formar grupos dun mínimo de 8 persoas interesadas en cada actividade. Por iso é necesario chamar ao 981 490 027 (ext. 1) para deixar os nosos datos e a escola á que queiramos asistir. Tan pronto como se confirme que hai xente dabondo para sacar adiante a actividade o Concello volveranos a chamar indicándonos xa a data de inicio.

A matrícula está establecida en 15 euros por cada actividade á que queiramos ir. Despois hai unha cota cada tres meses que varía dependendo das idades:

  • Persoas menores de 14 anos: 24 € trimestre
  • Persoas entre 14 e 18 anos: 30 € trimestre
  • Persoas maiores de 18 anos: 36 € trimestre
  • Persoas maiores de 65 anos: 24 € trimestre

Para facer máis cómodo o pagamento recoméndase domiciliar o cobro destas taxas -matrícula e trimestre- no momento en que se formalice a inscrición na Casa da Cultura. Quen o prefira poderá seguir pagando directamente na oficina de Cultura. Os cadros horarios das actividades son os seguintes:

Ximnasia para persoas maiores

luns martes mércores xoves venres
16.00 a 16.45

Naraío

16.00 a 16.45

Ferreira

16.00 a 16.45

Naraío

16.00 a 16.45

Ferreira

16.00 a 16.45

S. Mariña

17.00 a 17.45

Lamas

17.00 a 17.45  

San Sadurniño

17.00 a 17.45

Santa Mariña

17.00 a 17.45

San Sadurniño

17.00 a 17.45  

Lamas

18.00 a 18.45

Igrexafeita

18.00 a 18.45  

Bardaos

—- 18.00 a 18.45  

Bardaos

18.00 a 18.45

Igrexafeita

 

Escolas de música

martes

mércores

xoves

Iniciación gaita Naraío

19.30 a 21.00

Iniciación pandeireta

3 a 6 anos

18.00 a 19.00

Iniciación solfexo Lamas

19:15 a 21:15

Perfeccionamento gaita

Naraío

21.00 a 22.30

Perfeccionamento pandeireta infantil

19.00 a 20.00

Perfeccionamento solfexo San Sadurniño

21:30 a 23:30

Grupo persoas adultas pandeireta

20.00 a 21.00

 

Escolas de Ioga e Pilates
Ademais das actividades culturais e físicas organizadas polo Concello, en San Sadurniño tamén se van desenvolver durante os próximos meses  sesións de Ioga e Pilates. Dúas disciplinas distintas pero que teñen en común o obxectivo principal de reequilibrar corpo e mente. Se ben o ioga se centra na relaxación e no control mental do corpo, o Método Pilates ocúpase do mantemento de posicións mediante as que se gana en flexibilidade e fortaleza muscular.

O ioga impartirase os martes e xoves na Casa da Cultura e está aberto a persoas maiores de 16 anos. Para inscribirse ou obter máis información é necesario chamar ao 669. 403. 184

O pilates xa comezou a primeiros de mes e tamén se ofrece na Casa da Cultura na tarde-noite dos lus e mércores en dous grupos. Neste caso trátase dunha actividade na que calquera pode iniciarse a partir dos 12 anos e, a partir de aí, a calquera idade. A información e as inscricións, a través do  665.957.056. Os horarios mantéñense coma o ano pasado:

luns

martes mércores xoves

20.00 a 21.00

Pilates (grupo 1)

20.30 a 22.00

Ioga

20.00 a 21.00

Pilates (grupo 1)

20.30 a 22.00

Ioga

21.00 a 22.00

Pilates (grupo 2)

21.00 a 22.00

Pilates (grupo 2)

 

Brío continúa promocionando a danza e a rítmica
Quen tamén anda preparando a nova temporada é o Club Brío de danza e ximnasia rítmica, que este ano ten previsto continuar traballando na promoción destas dúas actividades -e tamén do hip hop- entre a infancia e a xente moza de ambos sexos. Con ese obxectivo organizou tres días de clases abertas que terán lugar os días 22, 23 e 24 de setembro no pavillón municipal e na Casa da Xuventude.

As familias que queiran apuntar aos seus nenos e nenas nalgunha disciplina poden pasar por alí para probar e, se lles gusta, facer a inscrición no momento. Outra opción é mandar un correo a brio09@ymail, chamar ao teléfono 633 681 251 ou deixarlles unha mensaxe na súa páxina en Facebook.

E para iso programou tres días de clases abertas e gratuítas para que os nenos e nenas poidan probar a experiencia. Podedes obter máis información no correo brio09@ymail.com ou a través do seu Facebook. O programa de práctica aberta que nos propoñen é o seguinte:

  • Xoves 22, 17.30 a 19.00h. no Pavillón Municipal: Ximnasia Rítmica
  • Venres 23, 16.00 a 22.45h. na Casa da Cultura: Danza Moderna (16.00 a 17.45h. para rapazada de 9 a 15 anos, de 17.45 a 18.45h. para nenos e nenas de 3 a 8 anos e de 19.45 a 22.45h. para mozos e mozas de 16 anos en diante)
  • Sábado 24, 11.00 a 13.30h. na Casa da Xuventude: Hip-Hop (11 a 12h. para idades de 3 a 8 anos e  de 12 a 13.30h. para nenos e nenas maiores de 9 anos)
Share.