Aberto o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

0

A Deputación de A Coruña acaba de abrir a convocatoria da campaña de esquí deste ano. Trátase dun programa dirixido a rapazada de entre 10 e 15 anos que este ano viaxará á estación leonesa de Leitariegos. A San Sadurniño correspóndenlle tres prazas deste programa e por iso será necesario facer unha preinscrición xa que, de haber maís peticións que prazas realizarase un sorteo público o día 24 de xaneiro. 

A rapazada participante neste programa disfrutará de 5 días con aloxamento e mantenza, ademaís de cursiños de esquí. A entrada na estación será o día 19 de febreiro e a saída o día 24. A Deputación asume a maior parte dos gastos ocasionados pola campaña: transporte dende os puntos de recollida nas cabeceiras de cada comarca, estadía, monitorado, clases de esquí, seguros, alugamento de material, forfaits e actividades complementarias. Porén, cada participante que obteña praza deberá satisfacer unha cota de inscrición de 95 euros.

San Sadurniño dispón de 3 prazas  e antes de asignalas cumprirá facer unha preinscrición na Casa da Cultura que só poderán formalizar aquelas familias empadroadas no Concello. O prazo de solicitude remata o día 23 de xaneiro. É de agardar que haxa máis peticións que prazas dispoñibles e por iso a asignación definitiva farase mediante un sorteo público, fixado para o 24 de xaneiro ás 12.30h. tamén na Casa da Cultura.

O requisito para acceder á campaña é que os nenos ou nenas naceran entre 2002 e 2006. A Deputación publicará nestes días unha folla explicativa sobre a campaña de esquí deste ano e tamén a ficha de inscrición que haberá que presentar no Concello no momento en que nos confirmen praza. Canda ela tamén será necesario achegar o resgardo bancario do ingreso dos 95 euros.

Share.