A renovación de demanda de emprego posponse até o 30 de setembro

0

A Xunta de Galicia acaba de ampliar os prazos para a renovación da tarxeta de demanda de emprego até o 30 de setembro, de maneira que será o Servizo de Emprego Público quen as fará de oficio ata esa data. Polo tanto pregamos que ninguén acuda ao Concello para pasar a tarxeta de demanda de emprego no quiosco situado no primeiro andar.

Lembramos tamén que os trámites municipais deben facerse a través da Sede Electrónica ou ben con cita previa chamando ao 981 490 027, en ningún caso se debe ir ao Concello sen que o persoal municipal dea a vez, tras analizar por teléfono a necesidade e a urxencia do trámite.

Share.