A renovación da tarxeta de demandante de emprego non será necesaria ata despois do 31 de decembro

0

O Servizo Público de Emprego de Galicia anunciou na súa web que, debido á actual situación, non será obrigatorio renovar a tarxeta de demandante de emprego ata despois do 31 de decembro deste ano.

Xa no momento de declararse o Estado de Alarma, o SPEG anunciou que as renovacións presenciais quedaban interrompidas até o 30 de setembro e que ese trámite o faría de oficio o propio servizo.

Agora o que se anuncia é unha ampliación do prazo durante tres meses máis, ata final de ano, de maneira que non será necesario pasar polo quiosco situado no Concello para facer a “renovación do paro” nin tampouco se require facelo a través da súa web, senón que a renovación da tarxeta de demandante será automática.

Ligazón á información publicada na web emprego.xunta.gal

 

Share.