A Escola Infantil Municipal A Rolada permanecerá pechada 10 días

0
A Consellaría de Sanidade comunicoulle ao Concello de San Sadurniño e á dirección da EIM A Rolada a necesidade de poñer en marcha unha corentena de 10 días para os contactos estreitos dos casos detectados entre o alumnado e o profesorado do centro. A escola permanecerá pechada, polo tanto, até o próximo 28 de xaneiro. Nestes momentos hai confirmados 12 positivos, todos eles sen síntomas ou con efectos moi leves.
A área municipal de Igualdade e a dirección da escola manteñen desde o luns comunicación permanente coas familias para telas ao tanto da evolución do gromo e das indicacións que fosen comunicando as autoridades sanitarias e educativas.Varios pais e nais informaron de que o SERGAS contactara hoxe mesmo con eles para iniciar o seguimento e programar probas PCR.
A Xefatura Territorial de Sanidade incide en que calquera positivo detectado a través dos test que se poden adquirir nas farmacias sexa posto en coñecemento do SERGAS utilizando a seguinte ligazón.
Share.