23 de decembro ás 12.00h.: Poxa dunha rozadora de mazo

0

Convócase polo Concello de San Sadurniño poxa pública mediante propostas verbais directas para o alleamento do seguinte material:

Desbrozadora de brazo marca Agric, modelo AES 5200 E, declarada efecto non utilizable mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 21/09/16, en aplicación do establecido no artigo 7-1 do Regulamento de bens das entidades locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño.

O acto da poxa terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello, o venres, 23 de decembro de 2016, a partir das 12,00 horas. O prezo de saída da poxa será de 3.000 euros.

Share.